Sunday 19 de May de 2024

Alternativa continuará dotando de rede de saneamento a todas as parroquias


“Pouco a pouco levaremos o saneamento a todo o Concello de Carral, un servizo básico tan importante para o medio ambiente e para a saúde pública”, dixo o candidato Javier Gestal.

Carral está recibindo sancións dende fai máis de 10 anos, nunca ninguén moveu un dedo para arranxar esta situación. Non podemos implantar o saneamento se a depuradora do Quenllo non funciona correctamente. Por iso buscamos subvencións e axudas por todos lados. Compramos unhas fincas anexas á depuradora para poder realizar a ampliación, firmamos un convenio de colaboración coa Fundación da Universidade da Coruña e unha cátedra de EMALCSA que nos elaboraron o estudo necesario para comprobar cal era a opción máis viable en cada zona de cada parroquia.